Portada Scarecrow
Logo Scarecröw

Biografía e Percorrido

A BANDA

Scarecröw é unha banda de heavy rock de A Coruña formada en 2022 por membros veteranos procedentes de Hongo, Enkord e Innerself entre outros, coñecida polo seu son clásico e directo.

Na súa traxectoria destaca o primeiro posto como agrupación gañadora da "Batalla de Bandas" do Flores Rock en xullo de 2024; o que os levou á participación no Festival Flores Rock en agosto do mesmo ano compartindo cartel e escenario con bandas coma Koma, Vantroi, Banda Bassotti ou Sinkope.

No ano 2025 álzanse con outro primeiro posto, desta vez no XXVII concurso de bandas de Cuac FM, co que acceden a tocar no xa mítico Festival Noroeste Estrella Galicia durante as festas de María Pita en A Coruña.

Sinalar tamén as cuñas, reseñas e publicacións de Mariskal Rock, a inclusión nos "20 máis duros" do mes de marzo do 2025 ou as reportaxes na revista "La Heavy". Tamén a difusión en radio de diferentes países como Hoex Radio en Países Baixos, Lima Wild Rock de Perú ou a Hora Argonauta de Jason Cenador en Madrid entre outros.

On Tour 25/26 e Futuro

A banda comeza o seu percorrido en directo na Sala Filomatic en maio de 2024. En 2025 Scarecröw embárcase na súa primeira xira "On Tour 25/26" con citas importantes como o Festival Noroeste Estrella Galicia en A Coruña, Sala Buril en Sarria, Moon en Santiago de Compostela, Bola 8 Gijón, Festival Vigo Metalheads, X Aniversario Tronkobar en Pontevedra e Xana del Torío León, entre outras.

No 2026, e compaxinando coa xira de promoción, a banda encóntrase inmersa no proceso de composición e creación de novos temas para a gravación dun LP que esperemos acabe vendo a luz ó longo do 2027 con temas inéditos coma: "Mar e Sal", "The Legend of the Battler", "Walking through Fire" e algunha sorpresa máis.

MEMBROS

Carlos Barreiro

Carlos Barreiro

Voz
Roberto Pazos

Roberto Pazos

Batería
Luis Miguel Diz

Luis Miguel Diz

Guitarra
José Ramón Diz

José Ramón Diz

Guitarra
Ernesto Montero

Ernesto Montero

Guitarra
Diego Freire

Diego Freire

Baixo
Fotografías de Carlos Perina de La Vieja Guardia Metal

VIDEOCLIPS OFICIAIS

"Spread Your Wings", estreado en marzo do 2026 e producido por Exeria Producciones.

VIDEOCLIP MAR E SAL

"Mar e Sal", estreado en marzo do 2026 e producido por Marite Suite.

Discografía

OS NOSOS TRABALLOS

MAR E SAL (2026)

O proceso de composición e creación deste tema iníciase coa idea de colaborar con músicos procedentes da música tradicional galega e incluír así gaitas, pandeiretas, cunchas, cantareiras e aturuxos. A gravación, mestura, masterización e produción levouna a cabo Carlos Arcay “Arcay Mixing & Mastering”. Participan e colaboran no tema Scarecröw (Carlos Barreiro á voz, Roberto Pazos á batería, Diego Freire ó baixo, Ramón Diz, Luis Diz e Ernesto Montero ás guitarras), Paco Martínez ás gaitas, Candela Alvarellos, Otilia Ares (integrantes da agrupación Pansenfron), Lorena Villar e Marité Suite como cantareiras, percusión, coros e aturuxos.

Mar e Sal
EP Vol. II

EP Vol. II (2025)

Lanzado en xullo do 2025. Mesturado, producido e masterizado por Carlos Arcay de "Arcay Mixing & Mastering".

EP Vol. I (2024)

Lanzado en decembro do 2024. Mesturado, producido e masterizado por Carlos Arcay de "Arcay Mixing & Mastering".

EP Vol. I
Twenty Years Ago

Twenty Years Ago (2022)

O noso primeiro LP autoeditado en xullo do 2022.

PRÓXIMOS CONCERTOS

11 Abr 2026

La Xana del Torío - Xunto a The Skarallas

León
01 Mai 2026

Sala Urania - Xunto a Sin City Devils

Ferrol

PRENSA

SEGUE A SCARECRÖW

Contacto Scarecrow

CONTACTO / CONTRATACIÓN

  • scarecrowgalicia_NO-BOTS_@gmail.com
  • (+34) 661 343 848
  • (+34) 685 323 068

Para Promotores e Medios

ELECTRONIC PRESS KIT (EPK)

Aquí podes descargar o noso dossier completo para contratación, festivais e prensa. O arquivo inclúe:

Biografía actualizada
Fotos promocionais (Hi-Res)
Logotipos en formato vectorial
Technical Rider & Stage Plot
Clipping de Prensa
Enlaces directos
Descargar EPK (ZIP)
    Cargando...
    Scarecröw
    0:00 0:00